A PRÁCTICA DO URBANISMO NA ADMINISTRACIÓN

Son moitas e complexas as disciplinas que inciden no urbanismo. Un gran número de campos aproxímanse a esta materia de xeitos diversos (socioloxía, enxeñería, arquitectura, dereito, bioloxía, ecoloxía …… etc.). A propia definición de urbanismo adquire moitas versións.

Abórdase o estudo do mesmo dende multitude de enfoques a través de cursos, másters; impartidos por distintos profesionais de varias disciplinas e con distinto prestixio. Nestes eventos trátanse temas interesantes, tanto dende o punto de vista teórico como práctico, pero bótase de menos un fío conductor que leve a unha visión unitaria así como o desenvolvemento das técnicas ou instrumentos de traballo, que ofrece a disciplina, ata a última instancia e a súa implementación en casos reais.

A pesares de multidisciplinareidade sinalada do urbanismo a componente arquitectónica é fundamental tanto en aspectos formais como metodolóxicos.

O curso que se oferta presenta unha articulación entre o coñecemento teórico e o práctico cementado sobre casos reais dun municipio inmerso na problemática da rexión urbana de Vigo, sen perder a visión unitaria e o obxectivo final de dominar as técnicas básicas que nos ofrece o urbanismo dende o seu nacemento.

De conseguir un aproveitamento axeitado do curso estaríase en condicións óptimas de competir en calquera oposición ou proba de acceso de arquitecto ou arquitecto técnico da administración local.

comezo do curso: Novembro 2015
duración: de novembro a xuño
número de horas: oito horas semanais
horario: distribuirase entre o luns pola tarde e o xoves pola tarde de cinco a nove ámbolos dous días incluidos, e/ou sábado pola mañá de dez a dúas. Elexiranse os dous días en función das preferencias do grupo co ánimo de compatibilizalo coa vida profesional.
custo do curso: será de 1.500,00 € podendo abonarse en tres pagos de 500,00 € ao inicio, aos tres e aos seis meses do comezo. En caso de aboar o importe total nun solo pago o prezo será de 1.300€.
imparte: A maior parte do curso impartirase polo arquitecto José A. Álvarez Ávarez. Como complemento e dentro do número de horas propostas impartiranse unhas clases de catro horas por cinco profesionais de ampla experiencia no eido do urbanismo

Descarga o programa completo do curso premendo aquí.