Ferramentas de presentación multimedia

Morte por Powerpoint

27 agosto, 2015 ,,

Este curso propón un achegamento a diversas ferramentas de creación multimedia para organizar contidos e apoiar as exposicións, introducíndoas de forma creativa e adaptadas ao público obxectivo: presentación de proxectos, visibilidade de actividades ou elaboración de materiais divulgativos.

Trátase dun curso práctico no que aprenderemos a utilizar ferramentas sinxelas e gratuítas para facilitar o deseño de cartelería, buscar imaxes libres de dereitos na rede, crear infografías e liñas de tempo, facer presentacións dinámicas, realizar vídeos de animación e compartir todos estes materiais. O curso está destinado a docentes, estudantes ou calquera profesional que queira ampliar posibilidades de cara a expoñer proxectos ou traballo.

PROGRAMA

Claves para unha boa presentación: redacción e corrección (correctores de texto e dicionarios), lexibilidade, tamaños de letras, tipografías recomendadas, descargar e instalar tipografías.
Dereitos de autor e tipos de licenza (copyright, creative commons, copyleft). Bancos de imaxes, sons e vídeos con licenza creative commons. Utilización dos filtros do buscador de Google e de Youtube para encontrar e descargar imaxes e vídeos.
As imaxes dixitais: principais formatos, tamaño e resolución.
Infografías e deseño gráfico con Canva.
Creación de presentacións multimedia con Prezi: agrupar a información en marcos, integrar imaxes, vídeo e audio, configurar a medida e a posición dos obxectos, construír a ruta de navegación da nosa presentación, compartir e/ou descargar a nosa presentación.
Aprender a facer vídeos animados con Powtoon: personaxes, fondos, audios, efectos…
As liñas de tempo como ferramentas para a presentación de contidos en orde cronolóxico.
Issu, a revista online: unha atractiva e sinxela forma de compartir contidos.
Xogando coa multimedia: ao longo do curso, faremos diferentes xogo a modo de exercicios e retos de cara a elaborar un traballo final colectivo, que servira como como acompañamento práctico dos contidos teóricos.

Duración: 18 horas

Datas: o curso terá lugar martes e xoves de 18h a 21h do 15 de setembro ao 1 de outubro (6 sesións).

Prezo: 95€

Inscrición: http://bit.ly/1ESXw8T

Impartido por:

María Lobo é xornalista e profesora de TIC. Dende Gingko, colabora con diferentes asociacións e centros de ensino como docente de innovación educativa e novas metodoloxías didácticas a partir das TIC

@wider_sight
https://www.linkedin.com/in/marialobo

Roi Guitián é realizador freelance especializado en comunicación e educación. Colabora con diferentes centros de ensino impartindo cursos de creación audiovisual para a integración das TIC na aula.
@roiguitian
https://es.linkedin.com/in/roiguitian