Obradoiro de Técnicas de relaxación

impartido por eidé

5 noviembre, 2014

Quen pode apuntarse?

Este obradoiro vai dirixido a toda persoa que queira aprender a relaxarse, en calquera lugar e en calquera situación.

Xustificación

Definitivamente vivimos nun mundo que demanda recursos da nosa parte de forma constante e un nivel de rendemento moi alto, o cal desestabiliza o noso corpo e a nosa propia capacidade para desenvolvernos en diferentes eidos da nosa vida de forma correcta e satisfactoria. De aí a importancia de adquirir ferramentas para afrontar as situacións que se nos presentan dia a dia, e conservar as perspectivas respecto destas, o cal é básico e necesario para conservar unha boa saúde mental.

Sobre que vai ser o obradoiro?

Neste obradoiro faremos un entrenamento en distintas técnicas de relaxación, de tal forma que poidamos facer uso delas en calquera lugar sen necesidade de dispoñer mais ca de nos mesmos. Se impartirá en sesións de cincuenta minutos semanais con seguimento entre sesións. En concreto trataremos as

seguintes técnicas:

• Relaxación muscular progresiva de Jacobson

• Entrenamento autóxeno

• Visualización

•Mindfullness

Data: Martes de 19 a 20.
Lugar: Espacio Nido, Rúa Ferrería, 25. Vigo
Prezo: 25 euros: catro sesións semanais con seguimento incluído. Sesións soltas 8 euros.
Imparte: Eduardo Ortiz (Psicólogo con orientación en Psicoloxía clínica e terapeuta. M-30734). Podes atopar mais información a través da nosa páxina: www.eideestarmellor.com
Inscricións: espacionido@gmail.com / info@eideestarmellor.com