O Instituto de Formación Profesional de Teis, dentro do seu programa de Orientación ó Emprego” convidounos o ano pasado a dar una charla os seus alumnos para explicarlles o concepto de oficina colaborativa ou #coworking. Compartimos honra có presidente da Aje Rubén Hermida ou con Miguel Fidalgo do IGAPE.
Ramón Viéitez, un dos nosos socios, foi o que explicou a experiencia de ter aberto o primeiro espazo deste tipo en Vigo. Para ser consecuentes coa idea que supón desenvolver o noso traballo dentro do ámbito da colaboración convidamos a dous dos nosos anidados a falar cós alumnos do Instituto. Isidro Dozo de ATDP e Fabio Souto de Lóstrego foron os que se animaron a saír a escena.
A continuación deixámosvos os vídeos da charla.