
«Podemos poñer moitos fotógrafos nun mismo sitio, sempre sacarán fotos moi diferentes. Cada un ten a súa maneira de ver, cada un en función da súa historia.»- Sebastião Salgado en La sal de la tierra
Foto da última xornada do curso
Espacio Nido Compostela.
O pasado día 26 de marzo rematou o primeiro curso básico de fotografía impartido no local de coworking Espacio Nido Compostela. A pesar de ser unha simple iniciación ao amplo mundo da fotografía, na imaxe vemos o certeiras que son as verbas de Sebastião Salgado.
O curso dividiuse en catro xornadas matinais teórico-prácticas, nas que da man de Aléx Montée, nas primeiras os alumnos fixeron exercicios básicos para aprender a coñecer as súas cámaras, tirar unha foto cos críterios mínimos de composición. A finalidade principal do curso consistiu en conseguir que os alumnos aprendesen a captar a imaxe desexada, ante calquera situación, sen ter que recurrir ao modo “automático”.
Foto da segunda xornada do curso
A pesar de que o clima non acompañou na última xornada, deu un respiro suficiente para poder facer unha saída coas cámaras e así practicar os contidos aprendidos, sacando fotos de temática libre.
Na última parte do curso, e co obxectivo de completar o proceso de aprendizaxe, explicouse como facer un procesado básico das fotos que acababan de tomar. Unha vez rematadas as actividades, e para acreditar a asistencia de cada un deles, fíxose entrega dun diploma.
Queremos agradecer a todos os alumnos ter participado nun dos primeiros cursos, dos moitos que virán, do Espacio Nido en Santiago de Compostela. Agradecemento tamén moi especial a Aléx Montée pola dedicación e o traballo ben feito. Será un pracer poder contar de novo con todos vós en futuras actividades.
Apertas.