#douacarapolacultura

Publicado el 22 mayo, 2014 en Espacio Nido
k 0

Un 21% de cada produto cultural vai ás arcas do Estado.

A feroz e desigual aplicación de impostos nun país enfermo ó que lle custa pórse a andar tamén supuxo un duro revés para a cultura.
O encarecemento do alimento do espíritu supón unha caída evolutiva, xa que a cultura é un círculo de retorno, unha roda na que xira dende o benestar social até o libre pensamento.

Eu dou a cara pola cultura

Por iso, no Estudio Nido, iniciativa de traballo colaborativo do Espacio Nido, fixemos un can ó que lle falta un 21%.
Un can que representa un festival, que representa o cine e que representa a cultura. E no oco que queda, nese baleiro, hai espazo dabondo para dar a cara, para amosar que, antes que números, hai persoas.
Persoas que viven a arte, a música, o cine, a literatura e todo iso que fai que a xente soñe para crecer.
Porque para construír unha sociedade mellor é importante imaxinala.
E xa ves: con todo isto fixemos un burato que queremos encher, dando a cara pola cultura, contigo.

Ti es o 21%

Ó noso CaNido fáltalle o 21% e andará dando que ladrar na #Canparade.
Dálle unha cara, tira unha fotografía ben simpática e súbea nas redes sociais co hashtag #douacarapolacultura.
Que se note que somos moitas as persoas ás que nos doe este 21%.

O Festival de Cans está feito para dar apoio a moitas voces, e nós, nós damos a cara pola cultura.

About the Author

adminVer todos los posts admin >

0 Comentarios