- Ademáis de tradutora estás montando unha editorial chamada catro ventos. É un paso lóxico ou un salto ó baleiro?
En realidade, calquera decisión é un salto ao escuro porque as súas consecuencias son impredecibles. No meu caso, podemos dicir que este proxecto editorial é un paso máis que desexado. Levo tempo con gana de deixar de traducir textos con contidos que non comparto e Catro Ventos hame permitir ser voceira de iniciativas e visións interesantes que doutro xeito non chegarían ao público galego.
- Levas un ano no Nido, cóntanos o momento máis especial que viviches alí
Creo que me quedo con esas veces en que todos levamos horas sen levantar a cabeza do ordenador e, de súpeto, comezamos a falar e facemos unha pausa improvisada. Hai moi bo ambiente e eses respiros prestan moito.
- 4 Ventos é un proxecto en colaboración con outros anidados. Cómo foi ese proceso?
En Catro Ventos eramos xa tres tradutores (a meirande parte das obras que imos publicar son traducións doutras linguas) e a nosa idea era incorporar tamén a un deseñador-maquetador-ilustrado
- Cal é o teu ámbito de especialización dentro do mundo da tradución?
Espero que de aquí nuns anos poida dicir que é o editorial. Polo de agora, estou especializada en marketing e publicidade, tradución creativa e localización web. Tamén traduzo bastantes textos de carácter xurídico.
- Que crees que pode aportar o coworking a unha tradutora?
No meu caso, compañía e ganas de erguerse para ir traballar. Motivos para quitar a pixama, que antes era o meu uniforme de traballo. Tamén é unha oportunidade para crear sinerxias e desenvolver colaboracións e proxectos laborais conxuntos. Por exemplo, aquí atopei dous bos compañeiros para arrancar un fermoso proxecto editorial.
Web persoal: www.mariamediero.com
Web da editorial Catro ventos: www.catroventos.gal