Por las ramas: Xabi Crespo

Publicado el 30 agosto, 2016 en Espacio Nido
w0
k 3

Eres consultor tecnolóxico, para o que non o saiba: en que consiste a túa profesión?

O meu traballo consiste en materializar as ideas nas que están traballando outras persoas ou compañías. As ideas que busco teñen que cumplir dous requisitos: teñen que ser innovadoras, porque penso que a innovación debería ser o motor económico dun país; e céntrome no campo do Internet das Cousas, porque é un mercado con moito potencial e os meus coñecementos de software, hardware e comunicacións danme unha visión de tódalas partes do produto. O primeiro que facemos son os prototipos para validar o mercado, unha vez superado este paso comezamos a traballar no produto final.

 

Sabemos que estás traballando para unha empresa holandesa no desenvolvemento dun proxecto que fora lanzado nunha plataforma de crowfunding. En que consiste este traballo? En que fase está o producto?

Agora mesmo a gran maioría do tempo pásoo traballando con Kien (www.kien.io), unha empresa holandesa que está traballando nun sistema de sonido Hi-Fi o máis flexible posible para o usuario. Eu formo parte do equipo que está desenvolvendo o producto a nivel técnico, principalmente programando os microcontroladores que van dentro dos altavoces. Isto coñécese habitualmente como programación de sistemas embebidos.

kien_0387

Como ben dis, o proxecto foi financiado a través dun crowdfunding no que se recaudaron máis de 115.000 €. É un proxecto bastante complexo para un equipo bastante xove, pero agardamos entregar os primeiros dispositivos antes de que remate o ano.

 

Crees que te beneficia traballar nun espacio de coworking? Por que?

É moi interesante compartir o día a día con perfís completamente diferentes ao teu. En Espacio Nido hai dende arquitectos ata tradutores, e iso faiche ver as cousas desde perspectivas moi diferentes e incluso pode dar pé a colaboracións.

 

No mundo virtual é posible traballar en proxectos sen coñecer físicamente ós clientes? Que ferramentas empregas para comunicarte con eles?

É posible, inda que hai que intentar non perder esa relación de proximidade que fai que as colaboracións sexan máis faciles e duradeiras, por iso intento visitar aos clientes de cando en cando. Tódolos días falo con eles, ben sexa por email, por videochamada e sobre todo a través de Slack, unha especie de IRC orientado ás empresas.

 

Creemos que non tes creada unha marca ou unha páxina web. Consideras que é posible sobrevivir sen elas?

A miña traxectoria ata chegar a onde estou agora xurdiu dunha maneira bastante natural, de ahí que a día de hoxe non dependa dunha páxina web, pero eso non quere dicir que non a teña. Se queredes coñecer o meu traballo anímovos a visitala: www.crespum.eu. Tamén me gustaría destacar que considero igual ou máis importante ter certa presencia nas redes sociais profesionais que unha páxina web.

 

Para contactar con Xabi:

Linkedin

Twitter

Github

About the Author

adminVer todos los posts admin >

0 Comentarios

Deja una respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *