No Espacio Nido Compostela continuamos coa filosofía emprendida no 2012 polo Espacio Nido Vigo, creando un novo entorno onde os profesionais poidan desenvolver a súa actividade laboral nun lugar agradable con todos os servizos dunha oficina.

Espacio Nido Compostela é un espazo de coworking situado na Rúa Romero Donallo 38, Baixo, no ensanche de Santiago de Compostela, amplo, luminoso e con boa localización, no que profesionais, autónomos ou pequenas empresas, poderán traballar nun entorno colaborativo.

A experiencia destes anos con Espacio Nido Vigo dinos que un entorno de traballo no que cada persoa poida levar adiante o seu labor profesional e ademais intercambiar ideas, recursos e enfoques con outros, é enriquecedor e por iso trasladamos esa filosofía a este novo espazo en Santiago de Compostela.

A colaboración non se verá limitada só ao espazo do local, senón que tamén se poderá ampliar ao Espacio Nido de Vigo, tanto no intercambio de traballo como no uso dos espazos, posto que os dous funcionarán como vasos comunicantes.

Á parte do entorno coworking, Espacio Nido Compostela, ofrecerá tamén un espazo de reunión idóneo e flexible para desenvolver eventos, cursos e talleres de todo tipo.