Como xa sabedes os que nos coñecedes estamos encantados coa familia profesional que está conformando Espacio Nido. Xa somos 10 empresas as que desenvolvemos a nosa actividade en distintas etapas do «Espacio Nido».
Os medios de comunicación non son alleos a isto e xa son case unha decena as entrevistas ou reportaxes que nos fixeron. Os últimos foron os colegas da Radio Galega no programa: «Un sitio á sombra», «revista centrada na actualidade e na procura de todo tipo de actividades culturais e de evasión para as tardes das fins de semana de verán, sempre cun ton ameno, fresco e divertido».
A nosa tradutora preferida, a coworker Carmen Louzao, botounos unha man para explicar o concepto do Espazo.
Podedes escoitar a entrevista pinchando na imaxe (min 49:30).
Como promotores da idea estamos encantados da boa acollida que nos adican os medios de comunicación e temos todas as reseñas gardadas con moito agarimo. De feito poderíamos facer unha radiografía do «Espacio Nido» por medio destas mencións.
Aquí vos deixamos algunha delas:
Febreiro 2012 Espacio nido na Voz de Galicia
Marzo 2012 Entrevista en Disquecool (medio dixital de tendencias)
Xullo 2012 Vídeo en V Televisión
Setembro 2012 Mención no Atlántico Diario
Outubro 2012 Mención na revista DOT
Maio 2013 Entrevista en Televigo