O NOVO COWORKING DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Publicado el 29 marzo, 2017 en Espacio Nido
w0
k 0

O pasado sábado 14 de xaneiro, foi a data elixida para dar a coñecer un novo Espacio Nido, que desta volta dou o salto dende Vigo a Santiago de Compostela. Para presentalo organizouse unha sesión vermú amenizada pola pinchada de Fixember DJ, coa intención de dar a coñecer o espazo e os seus xestores nun ambiente distendido.

Espacio Nido Compostela é un espazo de coworking e eventos, no que se pretende continuar coa filosofía emprendida por Arquétipos e Itrynottothink alá polo 2012. Non é outra que facilitar o traballo de autónomos, profesionais ou pequenas PEMES, creando un entorno colaborativo do que se podan beneficiar. Un coworking é un lugar que pretende resolver os inconvintes que pode ocasionar ter unha oficina de seu, alugando postos de traballo, tamén o feito de non ter un lugar onde organizar reunións, presentacións, charlas ou eventos, para o cal, ofrecemos un local agradable e flexible. Espacio Nido Compostela está listo para enchelo coas túas ideas.

Estamos na planta baixa de Romero Donallo 38, en Santiago de Compostela, a pé de rúa, se queredes coñecernos, podedes facernos unha visita, estaremos encantados de recivirvos, porque temos “UN ESPAZO PARA AS TÚAS IDEAS”

About the Author

CompostelaVer todos los posts Compostela >

0 Comentarios

Deja una respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *