Por las ramas: Javier Peleteiro

Publicado el 20 octubre, 2016 en Coworkers, Espacio Nido
w0
k 0

 

Javi, séntaste diante de Manuel de Van divulgación e de Noe de Itrynottothink ¿Qué opinas sobre traballar nun espazo con outros profesionais?

O que fai Manuel paréceme moi interesante. Vigo é unha cidade dinámica e chea de posibilidades non sempre coñecidas, polo que que calquera xeito divulgación cultural é moi necesario. En canto a Noe, de Itrynottothink, gústame moito o que fai, tanto como deseñadora web como fotógrafa. Cando me decida a facer a miña páxina, teño claro a quen lla encargar.

En xeral, pola miña experiencia de case dous anos no Espacio Nido, o feito traballar ao lado doutros profesionais, como maquetadores ou informáticos, tenme axudado moito. Un non pode ser experto en todo e non sempre hai tempo para poñerse a investigar por conta propia cando as entregas apreman, que é sempre.

Eres tradutor e un grande aficcioado á música ¿podes escoitala mentres traballas ou necesitas concentración absoluta?

A música é unha parte indispensable da miña vida, pero para traballar… é outra cousa. Ás veces pode axudarte a concentrarte e illarte do ruído externo, pero a maior parte das veces, distrae. Eu disfruto da música pero cando a busco: no salón da miña casa, nos meus cascos ou nun concerto. Paradoxicamente, creo que vivimos nunha sociedade na que a música está excesivamente presente pero pouco valorada. Concíbese como pouco máis ca unha banda sonora. Temos música no supermercado, no transporte púbico ou na radio do veciño que a deixa posta mesmo cando marcha…

Sodes varios os tradutores que traballades dende Espacio Nido, ¿Por qué crees que tantos vos decantastedes por esta opción?

Porque penso que é unha opción especialmente axeitada para o noso perfil, tanto social como profesionalmente. Por un lado, a nosa profesión é moi solitaria: pasas moito tempo diante do ordenador traducindo, investigando e traballando con clientes aos que non coñeces persoalmente, mesmo aínda que leves anos traballando con eles, pero por outra, as nosas tarefas diarias consisten en moito máis que nun transvase de linguas. Tes que  estar ben asesorado na túa especialidade e dominar outros moitos aspectos, como administrativos, informáticos ou gráficos. Ter cerca outros expertos, axuda.

Persoalmente estou encantado de sermos cada vez máis tradutores. Eu traballei catro anos unha empresa de tradución na que eramos uns vinte tradutores na oficina e, logo dos meus anos como autónomo na casa, botaba de menos poder comentar cuestións de tradución con alguén da mesa do lado. Ademais, creo o nivel de compañeirismo entre nós é excelente.

Se puideses escoller un texto para traducir ¿Cal sería?

Chronicles, a autobiografía de Dylan, ao galego.

cronicas-dylan_ediima20130924_0593_1

¿Qué cantidade de información quédase nas vosas cabezas despois de realizar unha tradución?

A resposta inmediata sería “pouca”. Eu fago fundamentalmente tradución técnica, textos moi específicos e de “pouca utilidade” para a vida real. O nivel de automatismo que podes acadar é sorprendente. Con todo, si que é certo que ao cabo dos anos vai quedando un poso. O bonito, e o complicado, da tradución é que un día tes diante unha guía de usuario dun programa dunha gran multinacional das TI, ao día seguinte un protocolo clínico e ao seguinte un cómic ou unha nota de prensa dunha firma de moda. Queiras ou non, iso obrígate a estar ao día en diferentes sectores.

About the Author

adminVer todos los posts admin >

0 Comentarios

Deja una respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *