Por las ramas: Jose Ríos Giráldez

Publicado el 10 octubre, 2016 en Espacio Nido
w0
k 0

 

Fuches o primeiro anidado do eido da bioloxía. Pode un coworking servir a calquera actividade freelance?

Por suposto que si. Agora mesmo os coworkers cun perfil ‘biolóxico’ somos ainda ‘rara avis’ porque somos poucos os que traballamos como free-lance, consultor ou chamalle como queiras, ata agora os nosos nichos tradicionais limitabanse á investigacion, docencia, e distintos perfís técnicos en distintos tipos de empresas…pero iso está cambiando moi rapidamente polas circunstancias que todos coñecemos. Podemos prestar servizos de moitos tipos e a xente máis nova que xa non coñeceu otras épocas están lanzandose sen complexos. No momento en que máis xente se lance nesa dirección vamos ir chegando ós coworks do mesmo xeito que outros perfís profesionais xa o teñen feito: traductores, arquitectos, informáticos…

 

Como especialista en cofradías e campañas de pesca, como ves o sector en Galicia?

Paso palabra…hehe! Non, en serio, é unha pregunta demasiado amplia…teríamos que abordar aspectos concretos e pasariamolo día enteiro. Se teño que contestar prefiro poñer luz sobre os aspectos positivos do que temos logrado, que penso que as veces olvidamolos todos, e no caso da pesca artesanal e marisqueo temos logrado cousas importantes a nivel de organización do sector e xestión e segimento dos recursos. Non é casualidade que a pesca e o marisqueo continuen sendo un sector importante para na nosa sociedade…só temos que dar unha ollada a outros puntos do noso continente. Para min isto supón un patrimonio enorme, e non me refiro unicamente á parte económica…

shutterstock_377389123_recorte

Coa poboación mundial rondando os 10.000 millóns de individuos, é posible unha explotación sostible dos océanos?

Por suposto que si, se pensara o contrario non me dedicaría a isto. Pero teño que admitir que non o vai ser doado, eu o vexo como un reto que temos como especie…por algún lado se puña que somos ‘sapiens’…teremos que demostralo. Non podemos ‘tirar a toalla’ neste aspecto, nen criminalizar á pesca, nen pensar que a acuicultura é a solución, temos que esforzarnos por aprender ó máximo sobre como xestionar uns recursos mariños que chegaron ata nós e que deben continuar ahí, para disfrutalos como biodiversidade e como alimento.

 

Cóntanos cal foi o peixe máis rico que comeches e por que

Tripa de Atún Patudo (Thunnus obesus) que me cociñou na súa casa un pescador artesanal da illa de Maio en Cabo Verde despois de ter partilhado o día de pesca na súa lancha. Foi unha loita directa co atún, capturado con liña de man, espectacular. O peixe o vendeu no mercado local, claro, pero tirou a tripa para compartila conmigo mentres el apoiaba o Manchester eu o Barça na final da Champions do 2011…pasámolo ben.

 

Cambiaches o Nido por traballar nunha oficina. Hai algo que botes de menos?

Todo! De verdade, o ambiente dos coworks é moi diferente ós das oficinas de empresas ou administracións, son espazos moito máis motivadores, para min non hai comparación posible. Seguide así! e moitas grazas por acollerme ainda que fora moito máis breve do esperado!

 

 

About the Author

adminVer todos los posts admin >

0 Comentarios

Deja una respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *